ANIMACIÓN INFANTIL EN LUGO E GALICIA
Animación infantil e entretemento para os máis pequenos
En Emocionarte ofrecemos animación infantil en Lugo e Galicia para todo tipo de celebracións: vodas, comuñóns, bautizos, aniversarios, festas infantís… Traballamos tamén con hoteis e restaurantes que queren que os máis pequenos estean ben atendidos mentres os adultos desfrutan do evento.
EMPRESA Animación infantil en Lugo
Animación personalizada que adáptase a cada neno
Antes de calquera evento, poñémonos en contacto contigo para coñecer os detalles: as idades, o espazo, o tipo de celebración e, sobre todo, que lles gusta aos protagonistas do día. A partir de aí deseñamos a animación.
Actividades como procura do tesouro, gymkhanas, pintacaras, xogos de movemento, talleres creativos ou xogo libre. O que organizamos depende de vós e deles.
Animación infantil para FESTAS
Para que eventos ofrecemos animación infantil?
Traballamos en todo tipo de celebracións con nenos.
Animación para vodas
Monitores para que os nenos desfruten mentres os adultos celebran
Animación para comuñóns
Actividades adaptadas ao día máis especial dos protagonistas
Animación para aniversario e festas infantís
Xogos, talleres e diversión pensados só para o teu peque
Animación infantil para hoteis e restaurantes
Tamén traballamos con hoteis e restaurantes
Traballamos como partner habitual de hoteis, pazos, restaurantes e salóns de celebración en Galicia, realizando distintos tipos de eventos corporativos e hostaleiros: ceas de gala, celebracións de empresa, vodas en leira, xornadas de portas abertas…
Animación infantil para eventos
Como levamos a cabo o proceso para a animación infantil ?
Sen packs pechados: cada festa organízase á túa medida
01
Cóntanos a túa idea
Explícasnos a data, o lugar, o tipo de evento, o número de nenos e como che gustaría que fose a animación.
02
Deseñamos a animación a medida
Creamos gymkanas, pintacaras ou procura do tesouro segundo o que lle guste ao neno ou nena. Cero packs pechados.
03
Preparamos o equipo
Monitores certificados, seguros de responsabilidade civil e accidentes, e todo o material listo antes do evento.
04
Desfrutades da festa
O noso equipo encárgase da animación mentres vós vivides o evento sen preocupacións.
Animación infantil para eventos
Prezos orientadores
Tarifas de partida para que teñas unha primeira referencia.
1 monitor
3 horas de animación- Ata 8 nenos
- Materiais e xogos incluídos
- Ideal para eventos con poucos nenos de idades similares
2 monitores
3 horas de animación- Ata 16 nenos
- Materiais e xogos incluídos
- Ideal para vodas, comuñóns ou eventos con moitos nenos e nenas
Pintacaras
30 €
Globoflexia
30 €
Servizo comedor
30 €
Cada celebración é diferente. Se necesitas máis horas, hai moitos nenos ou queres unha proposta aínda máis personalizada, cóntanos os detalles e calculámolo xuntos.
Monitores infantís para eventos
Por que traballar con Emocionarte para o teu evento?
Elixir con quen deixas aos nenos é unha decisión importante. En Emocionarte traballamos desde o 2006 con monitores cualifcados e con toda a documentación legal en regra.
Empresa local con atención personalizada
Trato directo e sen intermediarios para adaptar cada actividade ás túas necesidades.
Formación en animación infantil e tempo libre
Equipo formado en pedagoxía do xogo e atención á infancia.
Documentación completa
Todos o persoal está dado de alta e coa documentación en regra.
Escoita activa e respecto
Cada actividade adáptase a quen a recibe, xa sexan nenos ou novos, escoitando os seus intereses e o seu ritmo.
Atención en galego e castelán
Adaptámonos ao idioma de cada familia, colexio ou asociación, con total naturalidade en ambas as linguas.
ANIMADORES INFANTÍS LUGO E GALICIA
Preguntas frecuentes
Canto custa contratar animación infantil en Lugo?
O prezo orientador parte de 150 € para un monitor durante 3 horas. Para dous monitores, o prezo basee é de 250 €. O custo final depende do número de nenos, as horas e o tipo de actividades. Cada proposta é personalizada.
Con canta antelación hai que reservar?
Recomendamos reservar con polo menos 2-3 semanas de antelación, especialmente en tempada alta (primavera-verán e época de comuñóns). Para vodas e eventos grandes, canto antes, mellor.
Que documentación acredita aos monitores de Emocionarte?
Todos os monitores contan con certificado de ausencia de delitos sexuais, alta na Seguridade Social, seguro de responsabilidade civil e seguro de accidentes. O servizo cumpre con toda a normativa vixente para garantir a seguridade dos nenos.
Facedes animación infantil fose de Lugo?
Si. Aínda que a nosa base está en Antas de Ulla, ofrecemos o servizo en toda a provincia de Lugo e tamén na Coruña, Ourense e Pontevedra. Consúltanos sen compromiso.
A animación adáptase aos gustos do neno ou nena ou é sempre igual?
Cada animación é diferente. Antes do evento poñémonos en contacto para coñecer os gustos, a idade e as necesidades das persoas protagonistas. Non traballamos con packs pechados: deseñamos cada celebración desde cero.
Que extras se poden contratar alén da animación?
Podes engadir servizos opcionais a calquera animación como maquillaxe artística, globoflexia e servizo de comedor. Cada un ten un custo adicional de 30 € e pódese combinar entre si. Se tes dúbidas sobre cal encaixa mellor co teu evento, consúltanos. Se tes algunha idea en mente tamén nola podes comentar.
Animadores infantís para festas
Falamos? Cóntanos como é o teu evento
Dínos que celebrades, cantos nenos e nenas haberá e que datas manexas. #Responder o máis axiña posible cunha proposta adaptada.