EQUIPO de animación emocionarte
Emocionarte Animación : quen somos, principios e valores.
historia
Como empezou Emocionarte?
Emocionarte empeza como o proxecto privado de Silvia López Cabanas, educadora infantil con formación en Lecer e Tempo Libre.
Desde o primeiro día, a idea foi clara: dar espazo á infancia para xogar, ser e estar, sen présa e sen impoñer. Cos anos, o proxecto foi crecendo sen perder a súa forma.
Seguimos sendo un equipo pequeno e fixo porque cremos que a confianza se constrúe coas mesmas caras, semana tras semana.
Valores de Emocionarte
Que principios seguimos?
Todo o que facemos parte de catro principios que non negociamos:
- Escoita activa observando antes de actuar, e deixando que cada neno, nena ou persoa maior marque o seu propio ritmo.
- Respecto polas emocións, os tempos e as decisións de cada participante.
- Concienciación medioambiental coa contorna galega facendo que forme parte das nosas dinámicas.
- Confianza con e cara aos participantes, as familias, os centros e as entidades que nos contratan.
O equipo de animación de Emocionarte
Para que eventos ofrecemos animación infantil?
Silvia López Cabanas
Directora de Emocionarte
Educadora infantil e Técnica Superior en Lecer e Tempo Libre.
“Emocionarte permite e dota de espazos aos nenos e nenas para xogar, ser e estar. Estou agradecida á vida por deixarme acompañar á infancia desde o respecto, a escoita activa e a observación directa, proporcionándolle seguridade e benestar no fluír das emocións.”
Miriam
Coordinadora
Graduada en Educación Primaria.
“Formo parte desta aventura porque o meu traballo diario é con nenos cos que aprendo todos os días. Emocionarte recolle á perfección os valores que debemos transmitir á infancia, para que traballen por un mundo respectuoso onde as diferenzas deixen de ser unha barreira e convértanse en raíces do mundo.”
Iria
Coordinadora
Mestra e monitora de lecer e tempo libre.
“Desfruto achegando o meu gran de area para que os nenos e nenas vivan experiencias únicas, porque de aí sae a verdadeira aprendizaxe que marca a súa vida. Comigo e con Emocionarte sempre vas ter as mans manchadas… ou o que toque.”
sobre NÓS
Por quE confiar en Emocionarte
Un equipo cualificado, con toda a documentación en regra e experiencia real con infancia e maiores.
Equipo con formación específica
Equipo formado e con experiencia para tratar con calquera idade.
Experiencia con todas as idades
Acompañamos tanto á infancia como a persoas maiores, en centros, residencias, hoteis e eventos.
Escoita activa, sempre
Observamos antes de actuar. Cada dinámica adáptase ao ritmo e as emocións de quen participa.
Documentación 100% en regra
Seguros de responsabilidade civil, de accidentes e alta na Seguridade Social para todo o equipo.
Servicio bilingüe
Traballamos en galego e castelán, adaptándonos a cada centro, familia ou entidade.
Equipo Emocionarte
Onde trabajamos
As nosas “sedes” están en Antas de Ulla e en Lugo (cidade). Desde aí cubrimos a provincia de Lugo e o centro de Galicia, aínda que nos podemos desprazar a Ourense, Pontevedra e A Coruña cando o proxecto o pide.
Se queres coñecer ao equipo en persoa ou falar sobre o teu proxecto, escríbenos. Contámosche como traballamos e que podemos facer por ti.
Equipo Emocionarte
Listos para coñecer Emocionarte?
Cóntanos que necesitas, un campamento, unhas extraescolares, animación para un aniversario ou unha voda, ou animación para maiores, e dicímosche como podemos axudarche.