Empresa de animación en lugo e Galicia

Animación en Galicia para todas as idades

Empresa de Animación en Lugo e Galicia para acompañamento respectuoso da infancia, das familias e da terceira idade, en Galicia.
 

A filosofía de Emocionarte

Sentir, crear e crecer. Así traballamos en Emocionarte

Somos unha empresa de animación en Lugo con experiencia desde o 2006, especializada en infancia e terceira idade. O noso equipo de monitores e educadores cualificados entende que cada momento compartido, sexa un campamento de verán, unha tarde extraescolar ou a animación dunha residencia, é unha oportunidade para crear algo que pague a pena lembrar.

Deseñamos cada actividade desde a escoita activa, o respecto aos tempos de cada persoa e a conexión coa natureza.

Servizos de Animación en Lugo e Galicia

Animación que coida os días importantes

Tes unha voda, comuñón, bautizo ou aniversario e necesitas que os nenos estean ben atendidos? Os nosos monitores encárganse de todo: gymkanas, pintacaras, procura do tesouro, xogos musicais e moito máis. Sempre adaptado á idade dos nenos, con seguros e profesionais titulados.

Servizos animación en Galicia

Animación infantil

Animadores infantís para escolas, entidades ou particulares
Empresa animación Galicia

Animación para vodas

Monitores para que os nenos desfruten mentres os adultos celebran
Empresa animación en Lugo y galicia

Animación para comuñóns

Actividades adaptadas ao día máis especial dos protagonistas
 
Empresa animación en Galicia

Animación para aniversario e festas infantís

Xogos, talleres e diversión pensados só para o teu peque

Animación en lugo

Campamentos e actividades para colexios, AMPAS e Concellos

Organizamos campamentos para colexios, ANPAs e concellos, e aula matinal e actividades extraescolares para antes e despois do colexio. Encargámonos de todo: programación, monitores, materiais, seguros e documentación. 
Organización de Campamentos para niños en Lugo y Galicia

Campamentos

Campamentos con programacións temáticas. Ideais para concellos, colexios ou entidades que queren ofrecer unha alternativa de conciliación e lecer educativo durante as vacacións ou días non lectivos.

Madrugadores

O servizo de acollida educativa temperá antes do inicio do cole. Funciona entre unha e dúas horas antes do comezo do horario escolar con almorzo tranquilo, xogo suave e chegada respectuosa.
 
Actividades extraescolares para colegios

Actividades Extraescolares

Obradoiros, xogo sensorial, club de lectura… con actividades adaptadas ás características de cada centro e con monitores fixos durante todo o curso escolar.
 
Animación para la tercera edad para residencias y centros de día

Animación para residencias e centros de día

Animacón para a terceira idade

Os maiores tamén merecen momentos de desfrute, conexión e alegría. Traballamos con hoteis, residencias, centros de día e entidades para crear actividades adaptadas á terceira idade: talleres de memoria, xogos de mesa, actividades manuais, dinámicas de grupo e moito máis.

Sempre desde o respecto, o coidado e a escoita activa. Porque envellecer ben tamén é un dereito.

empresa de animación en Lugo
Empresa Animación Galicia
Organización actividades para mayores en residencias y asociaciones
Empresa Animación Galicia

Animación en Lugo e galicia

Por que elixir a Emocionarte?

Cinco cousas que están detrás de cada actividade, cada monitor e cada decisión.

Escoita activa e respecto

Metodoloxía baseada en escoita activa, respecto e desenvolvemento privado. Válida para todas as idades: infancia e terceira idade.

Monitores titulados e coa documentación en regra

Títulos relacionados coa educación e o tempo libre, certificado de delitos penais, seguros de responsabilidade civil e accidentes.

Experiencia desde o 2006

Temos experiencia traballando con colexios, AMPAs, concellos, hoteis, residencias e familias en Lugo e Galicia.

Organización integral

Ocupámonos da programación, persoal, materiais e documentación.

Compromiso coa contorna

Transmitimos o amor pola natureza galega en cada actividade.

Empresa de animación no centro de Galicia

No Centro de Galicia, a 1 hora de todo

Estamos en Antas de Ulla, no corazón xeográfico de Galicia. Iso significa que podemos chegar a calquera punto da provincia de Lugo e ao resto de provincias galegas, A Coruña, Ourense e Pontevedra, en menos de 1 hora.

A nosa zona de traballo principal é a provincia de Lugo e o centro de Galicia, aínda que traballamos en toda a comunidade autónoma.

Se tes un proxecto en mente e non estás seguro de se chegamos, pregúntanos. Case seguro que si.

Opinións sobre empresa de animación en Galicia

¿Qué opinan os que coñecen Emocionarte?

Publicado en Google Google
Isabel S. profile picture
Isabel S.
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Tiven a oportunidade de coñecer a súa maneira de traballar no aniversario do meu sobriño e participando como oínte nos contacontos da Bilioteca de Antas de Ulla. O equipo de monitores ofreceron un trato de 10: cercanos, atentos, amables e pendentes de cada detalle. Nótase que desfrutan co que fan e, sobre todo, que poñen corazón no trato coas nenas e cos nenos. Mención especial, os contacontos que se poden desfrutar na biblioteca de Antas de Ulla porque son realmente máxicos. Ver as caras das nenas e nenos mentres escoitan, imaxinan, participan e se deixan levar pola historia é desas cousas que emocionan. Conseguen que durante ese rato, o mundo párase e que so exista a historia, a imaxinación e esa sonrisa tan bonita que teñen cando están desfrutando de verdade. Emocionarte coas súas propostas, tanto no aniversario como nos contacontos, crea experiencias totalmente personalizadas, agasalla momentos e constrúe lembranzas. Grazas por poñer tanto corazón no que facedes, por agasallar momentos tan bonitos, pola profesionalidade e ese trato de 10 que marca a diferenza. Ogallá sigades emocionando e creando lembranzas durante moitos anos máis.
Publicado en Google Google
Eva Failde profile picture
Eva Failde
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Emociónarte moitas gracias por estés momentos tan maravillosos que paséis con vos e todo o que aprendin
Publicado en Google Google
Natalia profile picture
Natalia
Google star 1Google star 2Google star 3Google star 4Google star 5Trustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Estuvimos de visita unos días desde otra ciudad y apunté an mis hijas a un campamento de los organizados por Emocionarte. Mis hijas regresaron encantadas. Estuvieron en pleno contacto con la naturaleza, aprendiendo sobre los animales y árboles del bosque. Mención especial para las monitoras: atentas, y con un don natural para tratar con los niños. Sin duda, si podemos, el año que viene repetiremos.

O equipo de Animación

Quen formamos Emocionarte?

Somos un equipo de monitoras e monitores galegos que levamos desde 2006 acompañando á infancia e ás persoas maiores nos seus momentos importantes. Traballamos desde a escoita activa, o respecto e o coidado da contorna, porque para nós animación non é só entreter, é acompañar ben.

Silvia López Cabanas, directora Emocionarte, empresa de animación en Lugo

Silvia López Cabanas

Directora de Emocionarte

Educadora infantil e Técnica Superior en Lecer e Tempo Libre.

Miriam

Miriam Blanco Fernández

Coordinadora

Graduada en Educación Primaria.

Iria

Iria Vidal López

Coordinadora

Mestra e monitora de lecer e tempo libre.

Preguntas frecuentes

Que servizos ofrece Emocionarte en Lugo?

Emocionarte é unha empresa de animación en Lugo especializada en infancia e terceira idade. Ofrece animación para eventos e celebracións (vodas, comuñóns, bautizos e aniversarios), animación para maiores (hoteis, residencias e entidades), campamentos infantís e actividades extraescolares para colexios. Todos os servizos inclúen monitores cualificados, seguros e documentación legal completa.

Que zona de Galicia cobre Emocionarte?

Traballamos principalmente na provincia de Lugo e o centro de Galicia. Ao estar situados en Antas de Ulla, o centro xeográfico de Galicia, podemos desprazarnos á Coruña, Ourense e Pontevedra en menos de 1 hora. Ofrecemos os nosos servizos en toda a comunidade autónoma.

Canto custa contratar a Emocionarte?

O prezo depende do tipo de servizo, a duración e o número de participantes. Para eventos con nenos o prezo de referencia é desde 150 € por 3 horas cun monitor. Para animación de terceira idade e para campamentos ou extraescolares, faise orzamento personalizado segundo as necesidades de cada evento ou entidade.

Os monitores de Emocionarte teñen titulación oficial?

Si. Todos os monitores teñen as titulacións e certificacións requiridas: títulos relacionados coa educación e o tempo libro, como maxisterio, pedagoxía, monitores de lecer e tempo libre, educadoras… certificado de delitos penais e seguros de accidentes e responsabilidade civil. A seguridade e o benestar tanto dos participantes, nenos ou maiores, como dos animadores, é a prioridade absoluta.

Pode Emocionarte organizar campamentos para colexios ou AMPAs?

Si. Encargámonos de todo: programación, temática, monitores, materiais, seguros e documentación legal. O colexio ou entidade só achega o espazo.

Empresa de Animación en galicia

Necesitas un servizo de animación en Lugo ou Galicia?

Cóntanos que necesitas. Adaptámonos a ti, ao teu evento ou entidade e á túa necesidades.