Animación aniversarios infantís Lugo e Galicia
Animación para aniversarios infantís en Lugo y Galicia.
En Emocionarte deseñamos a animación do aniversario segundo o que lle gusta ao teu fillo ou filla: gymkanas, pintacaras, procura do tesouro… sen packs pechados. Monitores certificados e con seguro, en Lugo e en toda Galicia.
Animación aniversarios infantís
Aniversarios que se adaptan a cada neno
A animación de aniversarios infantís adáptase ao que lle gusta aos nenos e nenas. Escoitamos que lle ilusiona ao protagonista do día e construímos a festa a partir de aí.
Levamos anos acompañando aniversarios en Galicia, sempre co mesmo criterio: cada neno e cada nena é distinto, e a súa festa tamén debería selo. Se buscas algo máis que un animador xenérico, así é como traballamos.
monitores infantís para aniversarios
Que inclúe a animación de aniversario
Son festas personalizadas, non packs pechados. Antes de propoñerche actividades, falamos contigo sobre os gustos do neno ou a nena que cumpre anos. Despois deseñamos o día , sempre desde o respecto e o coidado cara a cada peque.
Algunhas das actividades que adoitamos ofrecer son:
Gymkanas
Probas e retos en equipo adaptados á idade
Pintacaras
Deseños personalizados segundo os gustos de cada neno e nena
Procura do tesouro
Pistas e misterio ata descubrir o premio final
Xogos musicais
Bailes e cancións para mover o corpo e rir
Manualidades exprés
Un taller rápido para levarse un recordo feito a man
Xogos de movemento
Carreiras, substitucións e dinámicas para liberar enerxía
Globoflexia
Figuras e xogos con globos
Á túa medida
Calquera idea que nos contes para o cumpleañero
Animación para festas de aniversarios infantís
Como funciona a animación de aniversario con Emocionarte?
en packs pechados: cada festa organízase á túa medida
01
Cóntasnos a festa
Indícasnos a data, o lugar, o número de nenos e que lle gusta ao cumpleañero ou cumpleañera.
02
Deseñamos as actividades
Preparamos gymkanas, pintacaras, procura do tesouro ou os xogos que mellor encaixen co que nos contaches. O material está incluído.
03
Confirmamos os detalles
Pechamos horario, número de monitores necesarios e orzamento final, sen sorpresas de última hora.
04
Animamos a festa!
O día da festa, os nosos monitores chegan con todo preparado e encárganse de que a animación flúa de principio a fin.
Animación infantil para eventos
Prezos orientadores
Tarifas de partida para que teñas unha primeira referencia.
1 monitor
3 horas de animación- Ata 8 nenos
- Materiais e xogos incluídos
- Ideal para eventos con poucos nenos de idades similares
2 monitores
3 horas de animación- Ata 16 nenos
- Materiais e xogos incluídos
- Ideal para vodas, comuñóns ou eventos con moitos nenos e nenas
Pintacaras
30 €
Globoflexia
30 €
Servizo comedor
30 €
Cada celebración é diferente. Se necesitas máis horas, hai moitos nenos ou queres unha proposta aínda máis personalizada, cóntanos os detalles e calculámolo xuntos.
ANIMADORES PARA ANIVERSARIOS INFANTÍS
Onde ofrecemos a animación para aniversario
Estamos en Antas de Ulla, no centro xeográfico de Galicia. Traballamos en Lugo, Galicia central, Chantada, Monterroso, Toques, Antas de Ulla, Lalín, Melide, A Golada… e comarcas limítrofes. Podémonos desprazar a outro lugares da comunidade autónoma.
Se estás en Galicia, o máis probable é que poidamos chegar.
animación para festas infantís de aniversario
Por que elixirEmocionarte
Calquera empresa pode enviarche un animador. Nós traballamos a festa desde uns valores moi concretos, que forman parte de como entendemos a infancia.
Estes valores non son un engadido de última hora. Son o motivo polo que moitas familias repiten connosco ano tras ano.
Escoita activa
A festa deséñase segundo os gustos do neno ou a nena, non segundo un catálogo.
Respecto por cada ritmo
Adaptamos as actividades á idade e o carácter do grupo.
Coidado polo medio ambiente
Usamos materiais pensados para minimizar residuos e para fomentar a sustentabilidade e a preocupación pola natureza.
Monitores certificados
Con formación, seguros e documentación legal en regra.
Coñecemos a cultura galega
Somos unha empresa local e temos presenza real en Galicia.
ANIMADORES INFANTILES LUGO Y DE GALICIA
Preguntas frecuentes
Canto custa un animador de aniversario infantil en Lugo?
O prezo base é de 150 € para 3 horas cun monitor, ou 250 € con dous monitores. O importe final depende da duración, o número de nenos e as actividades elixidas. Sen packs pechados: cada orzamento adáptase á túa festa.
Cantos monitores necesito para ou aniversario do meu fillo ou filla?
Traballamos cunha cociente de 1 monitor por cada 10 nenos aproximadamente. Con nenos máis pequenos ou grupos grandes recomendamos 2 monitores para garantir seguridade e atención a cada peque.
Facedes animación de aniversario fóra de Lugo capital?
Si. Estamos en Antas de Ulla, no centro xeográfico de Galicia, e desprazámonos a toda a provincia de Lugo e, cando se necesita, a Ourense, Pontevedra e A Coruña, a menos de 1 hora de distancia.
Que inclúe ou servizo de animación de aniversario?
Adaptamos cada festa aos gustos do neno ou a nena protagonista: gymkanas, pintacaras, procura do tesouro, xogos musicais, entre outras actividades, sempre desde o respecto e o coidado.
Tedes seguro de responsabilidade civil e de accidentes?
Si, todos os nosos monitores contan con seguro de responsabilidade civil e de accidentes, alén da documentación legal necesaria para que a festa sexa completamente segura.
Animadores infantís para aniversarios
Reserva a animación para un aniversario divertidísimo
Cóntanos que lle gusta ao cumpleañero e nós encargámonos do resto. Chámanos e preparámosche un orzamento sen compromiso para a túa festa en Lugo ou Galicia.