Campamentos infantís en Lugo e Galicia

Organizamos campamentos infantís n Lugo e Galicia para concellos, colexios e ANPAs.

O teu municipio ou centro pon o espazo. Emocionarte encárgase de todo o demais: programación, monitores, materiais, seguros e documentación legal. Servizo completo, pensado para que ti só teñas que confirmar a data.

Campamentos infantís para concellos

Planificamos e organizamos todo, ti só nos dis onde

Organizar un campamento infantil leva moito máis traballo do que parece. Programa de actividades, procura de monitores, trámites legais, seguros, comunicación coas familias…

En Emocionarte temos experiencia xestionando campamentos para concellos, colexios e asociacións da provincia de Lugo e Galicia. Sabemos o que necesita cada organización e adaptámonos á súa realidade.

Campamentos infantís para concellos

A quen está dirixido oservizo de campamentos?

Concellos de Lugo e Galicia

A maioría dos campamentos contrátanos concellos que queren ofrecer este servizo ás familias do seu municipio. Encargámonos de todo: desde a reunión inicial ata a avaliación final. O concello recibe un servizo listo para comunicar aos seus veciños.

Colexios e ANPAs

Moitos centros educativos organizan campamentos nas súas propias instalacións durante o verán ou os períodos non lectivos. Achegamos o equipo, o material e a programación; o centro achega o espazo.

Asociacións e outras entidades

Clubs deportivos, asociacións culturais, parroquias… calquera entidade que queira ofrecer campamentos infantís aos seus socios ou á comunidade pode contratar o servizo.

Campamentos infantís para ASOCIACIÓNS

Campamentos todo o ano

Todo o que necesita o teu municipio ou centro, sen ter que xestionar nada máis.

Campamentos infantís de verán

Os meses de xullo e agosto son a época principal. Organizamos campamentos dunha ou varias semanas, con programacións semanais temáticas. Ideais para concellos que queren ofrecer unha alternativa de conciliación e lecer educativo durante o verán.

Campamentos infantiles Navidad

Campamentos infantís Nadal

Do 20 de decembro ao 7 de xaneiro os nenos teñen vacacións e os pais traballan. Organizamos campamentos do Nadal con temáticas propias: talleres, manualidades, xogos e actividades pensadas para esas datas.

Organización de campamentos

Campamentos noutros períodos vacacionais

Semana Santa, entroido, días sen cole… son períodos curtos pero que xeran a mesma necesidade de conciliación. Organizamos campamentos de entre 3 e 5 días adaptados a eses períodos.

CAMPAMENTOS PARA NENOS

Que actividades para campamentos inclúe o servizo?

Algunhas das actividades que realizan os nenos nos campamentos son as seguintes:

Talleres creativos

Teatro, disfraces e xogos de expresión

Manualidades

Proxectos artísticos con materiais reciclados

Deporte e aventura

Circuítos, retos físicos e xogos ao aire libre

Música e ritmo

Percusión, cancións e baile en grupo

Natureza e sustentabilidade

Horta, reciclaxe e contacto coa contorna

Actividades acuáticas

Piscina, xogos de auga e refresco no verán

Dinámicas de grupo

Cociña e repostería

Receitas sinxelas e divertidas en grupo

EXCURSIÓNS PARA CAMPAMENTOS INFANTÍS

Excursións e visitas para divertirse e aprender

Saímos do campamento para seguir aprendendo e divertíndonos. Visitamos granxas-escola onde os nenos coñecen aos animais ou desfrutamos en centros forestais con tirolesas e pontes colgantes.

Tamén practicamos actividades deportivas e realizamos excursións polo bosque e xornadas de baño en ríos ou piscinas cando o tempo o permite.

Campamentos infantiles para ayuntamientos de Lugo
Organización de Campamentos para niños en Lugo y Galicia

Campamentos infantís para concellos de Lugo

Por qué elexirEmocionarte

Levamos desde o 2006 traballando no sector. A empresa é de aquí e coñecemos os municipios pequenos e entendemos como funcionan concellos e centros. Adaptámonos aos teus prazos, requisitos e forma de traballar.

O concello ou centro contrata o servizo. Emocionarte xestiona todo o demais.

 

Programación a medida

Deseñamos a programación a medida segundo datas, idades e horarios.

Xestión legal completa incluída

Altas na Seguridade Social, seguros de responsabilidade civil e de accidentes, e certificados de delitos sexuais.

Equipo propio con formación específica

Monitores certificados e titulados.

Actividades, excursións e materiais incluídos

Emocionarte achega todos os materiais necesarios para as actividades e excursións.

Coordinación con familias e concellos

Comunicación directa con familias e reportes ao concello ou organismo.

Campamentos infantís para concellos

Preguntas frecuentes

Que documentación achega Emocionarte para cumprir a normativa?

Emocionarte achega toda a documentación necesaria para que o concello ou entidade contratante poida xustificar o servizo: seguro de responsabilidade civil, seguro de accidentes, certificados de antecedentes penais do persoal, titulacións dos monitores e alta na Seguridade Social. A entidade non ten que xestionar ningún trámite adicional.

Cantos monitores inclúe o servizo e que titulación teñen?

A cociente habitual é de 1 monitor por cada 8 participantes. Todo o persoal ten a titulación necesaria para traballar coa infancia, como monitor de lecer e tempo libre, maxisterio, educación infantil… Para grupos con nenos de menos de 3 anos ou necesidades especiais, a cociente axústase segundo os requirimentos legais.

O campamento pódese organizar nas instalacións do municipio ou colexio?

Si. Emocionarte traballa coas instalacións que pon a entidade contratante: instalacións municipais, centros educativos, centros cívicos ou espazos ao aire libre. Non é necesario buscar un espazo externo. Nós adaptámonos ao espazo dispoñible.

Facedes campamentos de Nadal e Semana Santa, non só no verán?

Si. Organizamos campamentos para todos os períodos non lectivos do ano: verán, Nadal, Semana Santa, entroido e días soltos sen cole. Os prazos de contratación varían segundo a tempada; canto antes confírmese, mellor planificación podemos ofrecer.

Traballades só en Lugo ou tamén en Galicia?

Xeralmente traballamos en Lugo e o Centro de Galicia. Desde Antas de Ulla chegamos a calquera municipio da zona en menos 1 hora. Tamén traballamos puntualmente noutras zonas da Comunidade. Contacta connosco para saber se damos servizo na túa rexión.

Como funciona o proceso de contratación cun concello?

O proceso empeza cunha reunión ou chamada para coñecer as datas, o número de participantes e as necesidades concretas. A partir de aí, preparamos unha proposta coa programación, o equipo e o orzamento. Unha vez confirmado o servizo, Emocionarte xestiona todo o demais ata o último día do campamento.

Campamentos infantís para concellos

Queres organizar un campamento infantil no teu municipio ou centro?

Cóntanos as datas, o número aproximado de nenos e que tipo de campamento tes en mente. Enviámosche unha proposta sen compromiso.