Actividades extraescolares para colexios Lugo e Galicia
Xestionamos as actividades extraescolares para o teu colexio, ANPA ou concello en Lugo e Galicia.
Actividades extraescolares para colexios con monitores titulados, programación completa e documentación legal. Pídenos información.
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES para colexios EN LUGO E GALICIA
Que inclúe o servizo de actividades extraescolares ?
Ocupámonos da xestión completa do servizo para que o centro non teña que preocuparse de nada.
Planificación e programación anual
Deseñamos a programación de actividades adaptada ás necesidades e características do centro. Cada curso ten coherencia, progresión e sentido pedagóxico. Non repetimos o mesmo ano tras ano.
Monitores titulados e fixos
Os monitores de Emocionarte teñen a titulación requirida, pero, o máis importante: sempre van os mesmos. Os nenos coñécenos, confían neles, e iso nótase. A rotación constante de persoal é un dos problemas máis frecuentes neste sector.
Documentación legal completa
Seguros, certificados penais, alta na Seguridade Social. Todo isto xestiónao Emocionarte e entregámolo no teu centro en data e sen que teñas que preocuparche por nada.
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES PARA COLEXIOS
Que actividades e talleres facemos?
Nas actividades extraescolares para colexios todo axústase en tempo real a como chegan os participantes ese día, ao seu estado de ánimo e ás súas capacidades. A rixidez non ten cabida aquí.
Obradoiros de manualidades e artes
Expresión plástica, construción, deseño con materiais variados
Obradoiros culinarios
Cociña creativa con atención á alimentación saudable
Xogo sensorial e psicomotricidade
Manipulación, texturas, movemento coordinado
Xogo libre guiado
Os nenos e nenas toman decisións, gañan autonomía e confianza
Club de lectura
Contos, historias inventadas, vocabulario e imaxinación
Xogo motor
Liberar enerxía de forma estruturada ao cabo da xornada
Días significativos
Día de la paz, Día del medioambiente...
Outras actividades
Calquera tipo de actividade para nenos. Cóntanos a túa idea
Excursións e visitas como actividade extraescolar
Excursiones e visitas para divertirse e aprender
A aprendizaxe non sempre pasa pola aula: por iso organizamos saídas que levan aos nenos ao contacto coa natureza e os animais. Nas visitas a granxas-escola descobren como funciona a vida rural, mentres que nos centros de lecer forestal poñen a proba o seu equilibrio sobre tirolesas e pontes colgantes.
As xornadas ao aire libre inclúen tamén actividades deportivas, alén de roteiros polo bosque.
TALLERES EXTRAESCOLARES
Como funciona a contratación?
O proceso é sinxelo e sen compromisos iniciais
01
Contacta connosco
Por teléfono, WhatsApp ou formulario. Cóntasnos en que centro te atopas, o número aproximado de nenos, o horario que necesitades e a actividade que tes en mente.
02
Facemos unha reunión
Presencial ou por videochamada. Escoitamos que necesita o centro e que esperan as familias.
03
Presentamos unha proposta
Programación, equipo, documentación e prezo adaptado á vosa realidade.
04
Arrincamos!
Poñemos a actividade en marcha mantendo sempre a comunicación continua co centro e coas familias.
Actividades extraescolares para colexios
Por qué elexirEmocionarte para o teu colexio
Desde 2006 acompañamos á infancia en Galicia. Non somos unha franquía nacional que asigna persoal sen coñecer o territorio.
Somos un equipo local galego, con raíces en Antas de Ulla.
Monitores fixos
A estabilidade do equipo non é un detalle menor: xera rutina, confianza e un vínculo real cos nenos.
Actividades desde o respecto e a escoita.
Traballamos desde unha filosofía pedagóxica clara: a infancia ten voz e voto. As actividades non se impoñen, propóñense. Escóitase, obsérvase, adáptase. Iso é o que diferencia unha extraescolar de calidade .
Sen improvisación
Cada actividade ten programación, materiais e obxectivos concretos. Informamos o centro do que se traballa e como evoluciona o grupo.
talleres extraescolares para colexios
Preguntas frecuentes
Que documentación legal achega Emocionarte para xestionar as extraescolares?
Emocionarte achega seguros de responsabilidade civil e de accidentes para monitores e participantes, certificados de antecedentes penais de todo o persoal, alta na Seguridade Social e toda a documentación esixida pola normativa vixente en Galicia. O centro non ten que xestionar nada disto.
Cantos monitores se asignan por grupo de nenos?
Traballamos cunha ratio de 1 monitor por cada 8-10 nenos, axustada segundo a idade do grupo e o tipo de actividade. Se o grupo ten nenos máis pequenos ou con necesidades específicas, adaptamos o cociente para garantir a seguridade e o benestar de todos.
Que tipo de actividades extraescolares organizades nos colexios?
O programa pode incluír obradoiros de manualidades, actividades culinarias, xogo sensorial, psicomotricidade, club de lectura, xogo libre guiado e xogo motor. A programación deséñase en función do centro, a idade dos nenos e os obxectivos pedagóxicos acordados coa dirección ou a AMPA.
Como se calcula o prezo do servizo de extraescolares?
O prezo depende do número de nenos, o horario semanal, a duración do servizo e as actividades contratadas. Sempre presentamos unha proposta personalizada despois de coñecer as necesidades do centro. Non hai tarifas pechadas porque cada colexio é diferente.
É necesario que o colexio achegue o espazo ou os materiais?
O espazo achégao o centro educativo. Os materiais necesarios para as actividades corren a cargo de Emocionarte, salvo que se acorde outra cousa na proposta. O colexio ou AMPA non ten que preocuparse da loxística de cada sesión.
organización de Extraescolares en Lugo e galicia
Necesitas un servizo de actividades extraescolares?
Se queres saber se podemos traballar co teu centro, só tes que chamarnos ou escribirnos. Sen compromisos, sen formularios interminables. Unha conversación é suficiente para empezar.