Servizo Madrugadores para escolas en Lugo e Galicia
"Madrugadores"para colexios e ANPAs de Lugo e Galicia
A aula matinal resolve un dos problemas máis cotiáns das familias: o horario laboral non sempre encaixa co escolar. Emocionarte cobre ese intre. Con monitores titulados, actividades pensadas para primeira hora e, se o centro o necesita, con atención a almorzos.
Que é o servizo de madrugadores ou aula matinal?
O servizo de madrugadores, aula matinal ou acollida matinal, é un servizo de acollida educativa antes do inicio das clases. Funciona entre unha e dúas horas antes do comezo do horario escolar, e permite ás familias levar aos seus fillos ao centro aínda que a súa xornada laboral empezo antes.
Un espazo coidado, con monitores cualificados e actividades adaptadas a ese momento do día: tranquilas, relaxadas e pensadas para nenos que chegan medio durmidos e necesitan espertar con calma..
Emocionarte realiza a xestión integral do servizo para que o colexio ou a ANPA non teña que preocuparse de nada.
Acollida matinal para colexios e Anpas en Galicia
Que actividades inclúe o servizo?
O colexio ou ANPA contrata o servizo. Emocionarte xestiona todo o demais
Recuncho de lectura
Contos e libros ilustrados para empezar o día con calma
Manualidades sinxelas
Debuxo, pintura e actividades creativas sen complicacións
Atención ao almorzo
Acompañamento no almorzo
Xogos tranquilos
Quebracabezas, construcións e xogos de mesa de baixa intensidade
Rutinas de autonomía
Organizar a mochila, vestirse, responsabilidades do día...
Xogo libre
Espazo para que cada neno elixa como empezar a súa mañá
Aula madrugadora en colexios de Lugo e Galicia
A quen está dirixido o servicio de acollida matinal ?
Colexios e parvularios
Calquera centro educativo da provincia de Lugo ou o centro de Galicia que necesite cubrir o horario anterior ao comezo das clases. O colexio pon o espazo; Emocionarte pon o equipo e a organización.
ANPAs e asociacións de familias
Moitos servizos de madrugadores organízanos directamente as AMPAs do centro. Nese caso, o contrato é coa asociación e Emocionarte actúa como empresa xestora do servizo, con toda a documentación en regra.
Concellos
Moitos concellos ofertan o servizo de madrugadores nos colexios do seu municipio, especialmente en centros rurais onde o número de nenos non xustifica unha contratación directa de persoal. Emocionarte achega flexibilidade, experiencia e xestión integral.
acollida matinal para escolas
Como se realiza a contratacióndo servizo Madrugadores?
O proceso é sinxelo e sen compromisos iniciais
01
Contactas connosco
Contactas e cóntasnos en que centro estás, o número aproximado de nenos, o horario e a actividade que tes en mente.
02
Facemos unha reunión
Presencial no centro ou por videollamada. Escoitamos que necesita o colexio ou AMPA e que esperan as familias.
03
Proposta
Presentamos a programación de actividades, o perfil do equipo, a documentación e o prezo adaptado á vosa realidade.
04
Comezamos
Poñemos a actividade en marcha mantendo sempre a comunicación continua co centro e coas familias.
Servizo de madrugadores en Lugo e Galicia
Por qué elexirEmocionarte para a túa escola
En Emocionarte levamos desde 2006 traballando con nenos de entre 3 e 12 anos na provincia de Lugo e Galicia. Sabemos que ese intre da mañá non é tempo perdido, senón tempo para coidar, para escoitar e para que o día empece ben.
Sempre os mesmos monitores
Os nenos saben quen lles vai a recibir. Xera confianza, reduce ansiedade e fai que a chegada sexa máis doado para todos.
Monitores cualificados con toda a documentación
Seguros, certificados penais, alta en Seguridade Social...
Actividades deseñadas para a mañá
Deseñamos un programa específico para primeira hora: estímulos suaves, ritmo pausado, transición natural cara ao inicio de clases.
Alimentación saudable integrada
Se o servizo inclúe almorzo, é parte do programa educativo: hábitos, calma e desfrute o máis saudable posible.
Comunicación continua co centro
O colexio ou a ANPA sabe sempre que pasa. Informamos, coordinamos e adaptamos o servizo se fai falta.
Acollida matinal na escola
Preguntas frecuentes
Que documentación achega Emocionarte para cumprir a normativa do centro?
Emocionarte achega toda a documentación necesaria: titulacións dos monitores, certificados de antecedentes penais, seguro de responsabilidade civil, seguro de accidentes e alta na Seguridade Social. O colexio ou AMPA non ten que xestionar ningún trámite relacionado co persoal.
necesaria: titulaciones de los monitores, certificados de antecedentes penales, seguro de responsabilidad civil, seguro de accidentes y alta en la Seguridad Social. El colegio o AMPA no tiene que gestionar ningún trámite relacionado con el personal.
Os monitores son sempre os mesmos ou cambian segundo o día?
Os monitores asignados a cada centro son sempre os mesmos. A continuidade é parte do servizo: os nenos e as familias coñecen ao equipo, o que xera estabilidade e confianza no día a día.
Pódese contratar o servizo de madrugadores sen contratar extraescolares?
Si. O servizo de madrugadores é independente. Pode contratarse só, ou combinarse coas actividades extraescolares de tarde se o centro o necesita.
Que horario cobre o servizo? Hai flexibilidade de entrada?
O servizo cobre entre unha e dúas horas antes do inicio das clases, aínda que se pode adaptar ao horario de cada centro. Os nenos poden chegar en distintos momentos dentro desa marxe, segundo as necesidades de cada familia.
Como se xestiona a alimentación e o almorzo?
Se o centro o solicita, o servizo inclúe atención ao almorzo. Nese caso, Emocionarte promove hábitos de alimentación saudable adaptados á idade dos nenos. As condicións concretas acórdanse con cada centro segundo as súas necesidades.
A que área dades servizo de madrugadores?
Atopámonos no centro xeográfico de Galicia e os nosos monitores son de diferentes poboacións da zona. Damos servizos nas catro provincias: Lugo, A Coruña, Pontevedra e Ourense.
Madrugadores para escolas
Necesitas un servizo de Aula Matinal na túa escola?
Se queres saber se podemos traballar co teu centro, só tes que chamarnos ou escribirnos. Sen compromiso.