EQUIPO de animación emocionarte

Emocionarte Animación : quen somos, principios e valores.

historia

Como empezou Emocionarte?

Emocionarte empeza como o proxecto privado de Silvia López Cabanas, educadora infantil con formación en Lecer e Tempo Libre.

Desde o primeiro día, a idea foi clara: dar espazo á infancia para xogar, ser e estar, sen présa e sen impoñer. Cos anos, o proxecto foi crecendo sen perder a súa forma.

Seguimos sendo un equipo pequeno e fixo porque cremos que a confianza se constrúe coas mesmas caras, semana tras semana.

Valores de Emocionarte

Que principios seguimos?

Todo o que facemos parte de catro principios que non negociamos:

  • Escoita activa observando antes de actuar, e deixando que cada neno, nena ou persoa maior marque o seu propio ritmo.
  • Respecto polas emocións, os tempos e as decisións de cada participante.
  • Concienciación medioambiental coa contorna galega facendo que forme parte das nosas dinámicas.
  • Confianza con e cara aos participantes, as familias, os centros e as entidades que nos contratan.

O equipo de animación de Emocionarte

Para que eventos ofrecemos animación infantil?

Silvia López Cabanas, directora Emocionarte, empresa de animación en Lugo

Silvia López Cabanas

Directora de Emocionarte

Educadora infantil e Técnica Superior en Lecer e Tempo Libre.

“Emocionarte permite e dota de espazos aos nenos e nenas para xogar, ser e estar. Estou agradecida á vida por deixarme acompañar á infancia desde o respecto, a escoita activa e a observación directa, proporcionándolle seguridade e benestar no fluír das emocións.”

Miriam

Miriam

Coordinadora

Graduada en Educación Primaria.

“Formo parte desta aventura porque o meu traballo diario é con nenos cos que aprendo todos os días. Emocionarte recolle á perfección os valores que debemos transmitir á infancia, para que traballen por un mundo respectuoso onde as diferenzas deixen de ser unha barreira e convértanse en raíces do mundo.”

Iria

Iria

Coordinadora

Mestra e monitora de lecer e tempo libre.

“Desfruto achegando o meu gran de area para que os nenos e nenas vivan experiencias únicas, porque de aí sae a verdadeira aprendizaxe que marca a súa vida. Comigo e con Emocionarte sempre vas ter as mans manchadas… ou o que toque.”

sobre NÓS

Por quE confiar en Emocionarte

Un equipo cualificado, con toda a documentación en regra e experiencia real con infancia e maiores.

Equipo con formación específica

Equipo formado e con experiencia para tratar con calquera idade.

Experiencia con todas as idades

Acompañamos tanto á infancia como a persoas maiores, en centros, residencias, hoteis e eventos.

Escoita activa, sempre

Observamos antes de actuar. Cada dinámica adáptase ao ritmo e as emocións de quen participa.

Documentación 100% en regra

Seguros de responsabilidade civil, de accidentes e alta na Seguridade Social para todo o equipo.

Servicio bilingüe

Traballamos en galego e castelán, adaptándonos a cada centro, familia ou entidade.

Equipo Emocionarte

Onde trabajamos

As nosas “sedes” están en Antas de Ulla e en Lugo (cidade). Desde aí cubrimos a provincia de Lugo e o centro de Galicia, aínda que nos podemos desprazar a Ourense, Pontevedra e A Coruña cando o proxecto o pide.

Se queres coñecer ao equipo en persoa ou falar sobre o teu proxecto, escríbenos. Contámosche como traballamos e que podemos facer por ti.

Equipo Emocionarte

Listos para coñecer Emocionarte?

Cóntanos que necesitas, un campamento, unhas extraescolares, animación para un aniversario ou unha voda, ou animación para maiores, e dicímosche como podemos axudarche.